Plan Xeral de Ordenación Municipal
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través da súa conselleira, asinou o pasado día 16 de decembro de 2008, a Orde pola que se outorga a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vilardevós.
A aprobación definitiva realízase despois de que este Concello de Vilardevós introducira as modificacións requeridas pola citada Consellería mediante a Orde do 26 de novembro de 2007. Agora, unha vez que sexa publicada a Orde de aprobación no Diario Oficial de Galicia (DOGA núm 18, do Martes, 27 de xaneiro de 2009), o concello deberá de remitirlle dous exemplares completos do PXOM á CPTOPT e publicar a normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, para a súa entrada en vigor.
No Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP núm. 54, do Sábado, 7 de marzo de 2009), foi publicado o anuncio de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vilardevós, xunto coa normativa e ordenanzas do citado PXOM, ao abeiro do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro.
A documentación íntegra do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilardevós (PXOM) se puede consultar a través de este enlace, asi como na páxina web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (http://coag.es), entrando en planeamento de Galicia; planeamento urbanístico; planeamento municipal y cliqueando en Vilardevós no mapa de Galicia.
|