Novas > Cultura

Cultura

Vilardevós foi cuna de insignes persoaxes como os escritores Eloy Luis André, Silvio Santiago García, Jacinto Santiago García, o poeta Manuel Núñez González ou o músico Angel Barja Iglesias.

ELOY LUIS ANDRÉ: Nace en Mourazos, o día 19 de xuño de 1876. A súa infancia transcurre en Vilardevós donde fai os seus primeiros estudios na escola pública; os de segunda ensinanza en Celanova e Ourense, proseguindo os seus estudios nas Universidades de Santiago, Salamanca, Madrid, París, Lovaina, Bruselas, Leipzig e Jena, tendo como mestres a Unamuno, Wund, Eucken, ...etc. En 1904 é nomeado catedrático de psicoloxía, lóxica e ética. Entre as súas obras cabe destacar as seguintes: “Ética española”, “Revolución”, “Democracia social”, “El Histrionismo español”, “Mentalidad alemana”, “Galleguismo y españolismo”. Faleceu en Madrid no ano 1936.


 

 

 

SILVIO SANTIAGO GARCÍA: Nace en Vilardevós o día 12 de outubro de 1904. O chegar a guerra civil en 1936 na que o seu irmán foi asasinado, fuxe a Portugal e de alí a Cuba e porteriormente a Venezuela. En 1961 revelase como escritor cunha publicación do seu libro “Vilardebós” que se convirte nun clásico da narrativa galega. Durante moito tempo a censura franquista impide a publicación do seu libro “O silencio redimido” -premio da crítica-, novela que non verá a luz ata 1977, tres anos despois da súa morte (Vilardevós 12-09-74). En Venezuela recibe varios galardóns polas colaboracións periodísticas e relatos literarios.

MANUEL NÚÑEZ GONZÁLEZ: Nace en Vilardevós o día 5 de agosto de 1865. Estudio dereito en Santiago de Compostela e foi rexistrador da propiedade. Se revela como escritor publicando nas páxinas de “O tio Marcos da Portela”, algúns traballos líricos, asinados ben co seu nome ou co alcume de Ma-Nu-Gon. En 1895 publica “Salaios” versos galegos. En castelan escribe “Efusivas” e unha monografía “La poesía popular gallega”. Foi membro electo da academia galega. A súa tarea como pensador queda pechada co folleto anónimo impreso en Portugal “Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX”, Foi amigo de Manuel Murguía, e falece en Vilardevós o día 16 de febreiro de 1917.

ANGEL BARJA IGLESIAS: Nace en Terroso o día 5 de outubro de 1938. En 1954 comeza as súas actividades como compositor de música coral. En 1967, viaxa a Italia, Suiza e Austria para amplia-los seus coñecementos musicais, é alumno de Vieri Tossati. En 1972 faise cargo da dirección da capela clásica de León. Entre os numerosos premios obtidos destacan: Premio nacional de composición (1972); Premio internacional de composición (1972); Premio internacional de composición (1981); Premio Cristobal Halfter (1982); Premio nacional de composición (1984); Premio internacional de la Real Academia de bellas artes de Granada (1985); Premio internacional “Ciudad de Segorbe” (1986). En 1987 publica o seu libro “Música e poemas para niños”. Músico de sólida formación e vasta cultura cun catálogo de máis de 500 obras. Angel Barja é o fillo musical máis universal de todala historia de Galicia. Faleceu o día 12 de febreiro de 1987.

UN LIBRO DE JUAN TALLÓN RECUPERA A MEMORIA HISTÓRICA DE JACINTO SANTIAGO: "Jacinto Santiago" e o título do libro biográfico que Juán Tallón, un xove veciño noso licenciado en Filosofia e Letras, adica a un dos fillos preclaros de Vilardevós e considerado como "o mellor xornalista galego da preguerra". Durante dous anos, Tallón estudiou a figura de Jacinto Santiago (1894-1936) a través de artígos seus en medios como La Zarpa e La República e da lembranza dos seus contemporáneos. O libro, editado por "As Barxas", foi presentado en Vilardevós, Verín, Ourense e Santiago de Compostela.

 

Concello de VILARDEVOS
Home